Courel Son 2023

A idea de recuperar para as airas dos pobos de Courel a música xurde no 2018. A ninguén escapa que as airas foron o centro neurálxico de vida dos pobos da serra durante séculos: lugares de traballo, pero tamén de xuntanza festiva. Nesa festa, a música daba alegría, pero, ademais, unía. Tiñamos as airas e, polo tanto, non só tiñamos escenario, senón que tamén tiñamos fondo de escenario, coas mellores paisaxes de Galicia. E é aí onde xurde o CourelSon, un ciclo de Jazz e Blues itinerante, con 5-6 concertos noutros tantos pobos e vilas do Courel; “temos infindade de escenarios, temos infindade de pobos aos que dar vida: traiamos a música a eses escenarios; ensinemos todo Courel aos que nos visitan!”

E o estilo ideal é o Jazz e o Blues: unhas músicas xurdidas entre campos de algodón e ambientes festivos a inicios do século XX; unhas músicas que non só envolven, senón que ensalzan a paisaxe.

Os músicos de Courel ( Os Padernes e tantas outras formacións) marcaron o camiño, nós tentámolo seguir, ensalzando tamén a figura destes precursores.

Que é?

O CourelSon non só son concertos, é un xeito de reivindicar que estamos aquí, que o mellor espazo natural de Galicia segue vivo gracias ás súas xentes. Non buscamos concertos masivos, buscamos música que encaixe co espazo para xente que desfruta do mesmo, seguindo así a máxima da nosa asociación ao buscar un desenvolvemento harmónico, sempre cos pés na terra e na serra.

Para nós os productores locais son imprescindibles e, durante os concertos, dámolos tamén a coñecer, ofertando productos que saen da castaña, os froitos ou as colmenas do territorio.
A iso unimos, como xa dixemos, o feito de estar no mellor espazo natural de Galicia e é por iso que queremos amosárllelo aos que nos visitan, organizando actividades didácticas e interpretadas aos días seguintes dos concertos; nas mesmas, colaboran os axentes que traballan no territorio.

Por qué?

O CourelSon ten que seguir porque o pobo así o pide, porque non hai nada máis satisfactorio que ver ás xentes de Courel sorrir cando disfrutan dun concerto dun estilo que non coñecían na porta da súa casa. Non hai nada mellor que ese vello que che vén dar as gracias porque “eu non entendo moito desta música, pero paseino moi ben”. Pero tamén porque necesitams que a xente nova que queda teña actividades nas que desfrutar.
Ten que seguir porque estamos seguros de que temos o mellor espazo, temos un gran xeito de dalo a coñecer sen masificacións, temos público e temos músicos que queren vir tocar en escenarios únicos e desfrutar da tranquilidade e da gastronomía de Courel.

Ten que seguir, pero necesitamos de vós; e, aínda que non o saibades, vós necesitades de nós: falade un día de Courel nunha xuntanza, preguntade nunha enquisa, e entenderedes a qué nos referimos: Courel é o espazo que buscades e nós dámosvos a oportunidade…

Datas e Lugares :

  • 13 de Maio, Vilamor
  • 3 de Xuño, Souto de Miraz
  • 23 de Xullo, Paderne
  • 24 de Xullo, Vieiros
  • 4 de Agosto, Mercurín
  • 5 de Agosto, Seceda

Programa

Ciclo Courel Son. Outro xeito de entender a música, outra forma de desfrutar do espazo

Serán 6 grandes concertos en 6 localidades courelás.

  • 13 de Maio, en Vilamor: Mingo Balaguer e Pablo Sanpa. 40 anos xirando polos mellores escenarios de blues do mundo contemplan a Mingo. Un luxazo para inaugurar o Courel Son, como o atestigua o feiro de que recentemente foron finalistas á mellor banda de Blues europea no Festival de Malmö, acadando o terceiro posto.
  • 3 de Xuño, no souto de Miraz: Abe Rábade. O pianista galego máis recoñecido
  • internacionalmente presentando o seu disco “Botánica” nun escenario único: o souto de Miraz, un dos mellor conservados do Courel.
  • 23 de Xullo, Paderne: Marcos Coll e Adrián Costa ( Los Reyres del KO). Poucas son xa as ocasións nas que Marcos e Adrián se xuntan para frecer un concerto. Dous monstruos da escea do Blues mundial que comezaron a tocar xuntos hai dúas décadas. Recoñecidos por toda a prensa especializada como un dos mellores dúos de Blues mundial.
  • 24 de Xullo, Vieiros: Dúbida. Banda compostelá de Funk/Blues nacida en 2021 e que ten estreita relación co Courel.
  • 4 de Agosto, Mercurín: JARBIS. Cuarteto de blues de A Coruña que comeza a darse a coñecer no panorama nacional.
  • 5 de Agosto, Seceda: Nastasia Zürcher and the Beauty Full Band. Remataremos o noso ciclo coa banda que vén de gañar o Premio Martín Códax á mellor banda galega de Blues/Jazz. Un orixinal e persoal xeito de achegarse a este estilo porá fin á nosa edición do CourelSon 23.

Mais información