Sobre nos

Somos unha asociación de empresas que temos como actividade fundamental a educación ambiental, o guiado na natureza, a divulgación científica e profesións análogas como interpretación do patrimonio natural.

Os nosos obxectivos son:

  • Traballar para promover e fomentar a educación ambiental, e a divulgación e conservación dos recursos e valores naturais, patrimoniais e culturais.
  • Representar ás persoas asociadas para defender os dereitos dos/as asociados/as e do sector cando sexa necesario.
  • Defender os intereses das persoas asociadas, promovendo a dignificación e profesionalización do seu traballo, e dando a coñecer e divulgando ese mediante todos os medios posibles.
  • Fomentar o uso público de calidade no medio natural, que contribúa á consecución de obxectivos de conservación e posta en valor dos seus valores.
  • Promover a formación continua para as persoas asociadas, procurando a mellora da calidade da súa actividade.
  • Defender o traballo do guía de natureza e/ou educador ambiental e as súas competencias e capacitacións para traballar no ámbito das actividades no medio ambiente.
  • Loitar polas titulacións ou coñecementos mínimos de educación e interpretación ambiental, favorecendo o recoñecemento e a regulación da educación ambiental no ámbito laboral e formativo.
  • Colaborar e manter vías de conexión con entidades públicas e privadas en todo o posible, sempre e cando non contradiga os principios do colectivo.
  • Velar pola competencia leal e profesional.
  • Fomenta-lo recoñecemento da Educación Ambiental como instrumento social e de xestión para a enfronta-la problemática do medio ambiente de forma transversal.