Faia Educación Ambiental

No ano 2011, a empresa Faia Educación Ambiental nace coa ilusión de promover o coñecemento da nosa realidade ambiental a través de obradoiros, visitas guiadas, campañas, cursos, xornadas, eventos e actividades ligadas ao medio.

Dunha maneira lúdica e didáctica, mestura de coñecemento e lecer,  queremos fomentar unha visión máis diversa e rica da realidade e unha postura crítica co noso xeito de vida: os nosos actos repercuten decisivamente na sociedade e no medio e cada unha de nós pode participar na solución dos problemas colectivos.

E dado que, as cuestións ambientais están intimamente conectadas coas culturais, sociais e económicas, potenciamos tamén os valores da igualdade en todos os seus aspectos, a diversidade, a dinamización da lingua galega e a visualización da súa feminidade, o fomento da creatividade e a implicación social a través da participación.