Alecrín Actividades e Aventura

Alecrín Actividades e Aventura nace coa idea de achegar á poboación o medio ambiente e todo o que isto conleva: disfrutalo, coñecelo, aprecialo e conservalo.

A educación ambiental, o turismo de natureza ou ecoturismo, misturados nas actividades.
“Aprender disfrutando”. Queremos ofrecer algo máis, hai que vivilo, hai que sentilo, hai que sorprenderse co que estás a vivir… e así crearás ese vínculo especial coa contorna.

E así plantexamos a idea da «educación ambiental activa», outra forma de entender as actividades, os servizos guiados e outros proxectos.

Unha actividade de kayak para descubrir o cultivo de mexilón e toda a fauna e flora do fondo do mar? ¿Porque non?
Unha orientación con probas sobre a natureza? Semella xenial!
Actividades de observación de fauna e flora, astronomía, visitas guiadas a espazos naturais, actividades culturais en kayak e outras actividades con fondo educativo.