CEM Educación Ambiental

cem, s.coop.galega somos unha empresa cooperativa constituída no ano 1992, pioneira do traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia.

Ofrecemos á sociedade recursos orientados a conseguir que as persoas e organizacións respecten, valoren e conserven o medio ambiente para acadar un desenvolvemento sustentable máis equilibrado tanto ecolóxica como socialmente.

Os nosos recursos humanos están formados por un equipo multidisciplinar de profesionais con ampla formación e experiencia, composto por educadores e educadoras ambientais, biólogos, pedagogos, técnicos ambientais e de interpretación do patrimonio.

A experiencia acumulada ao longo de máis de vinte cinco anos permítenos ofrecer aos nosos clientes servizos coa máxima calidade. A nosa exclusiva atención ao cliente, permite adaptarnos ás necesidades de cada solicitude, asesorando sobre as mellores solucións para cada proxecto.

Un amplo abano de clientes teñen confiado en nós, acreditando a nosa solvencia: administración autonómica, concellos, deputacións, empresas, colexios, universidades, asociacións, fundacións…