Eco dos Teixos

Albergue rural e centro de actividades Eco dos Teixos, en Casaio (Pena Trevinca). Un espazo de convivencia, aprendizaxe e reconexión coa Natura… onde as raíces son a base dos soños.

A nosa experiencia reflicte que as vivencias máis significativas conséguense coidando a calidade das mesmas e o trato co grupo, máis que realizando un número xigante de actividades en pouco tempo.
En Eco dos Teixos procuramos constantemente transmitir valores de maneira transversal como igualdade, respecto, compañeirismo, cooperación, empatía e por suposto, a educación ambiental.

Casa de 300m2 recentemente reformada (antiga escola do pobo), ubicada nunha finca de 1600m2 con xardín e espazo para actividades ó aire libre. Albergue con 26 plazas (ampliable a 30 plazas), distribuídas en 4 habitacións.


Rutas de sendeirismo guía e interpretación.
Guiamos diferentes itinerarios pola contorna das montañas de Trevinca, para descubrir lugares fantásticos coma o Teixadal de Casaio, bosque primario e o máis antigo de Galicia; ou San Xil, bosque de ribeira e pinturas rupestres. Lugares emblemáticos da nosa historia recente como a “Ciudad de la Selva” ou a “Ciudad de los alemanes” (Minas de Wolframio de Valborraz explotadas polos Nazis durante a II Guerra Mundial).

Actividades:

  • Rastros e pegadas
  • Escape room
  • Actividades acuáticas no Río Sil
  • Talleres creativos, Xinkanas divertidas
  • Veladas ambientadas
  • Tiro con arco
  • Campismo e supervivencia