En Ribeiran Proxectos Naturais somos un equipo de profesonais do eido Educativo e do Medio Ambiente con ampla experiencia como investigadores, tecnólogos, observadores científicos nos sectores Público e Privado nos ámbitos da bioloxía, oceanografía e xestión ambiental. Cunha extensa rede de colaboradores cos que compartimos ideas e proxectos aproveitando as sinerxias.
Persoas sensibilizadas co Medio Ambiente e o Mundo Rural, o consumo responsable e a preservación e mellora dos recursos naturais e do patrimonio cultural.
Expertos en traballo con grupos no campo da educación ambiental, divulgación, xestión de voluntariado e formación.
Comprometidos coa mellora da calidade de vida da poboación rural, sempre tendo en conta a cultura tradicional local e executando accións que contribúan ó seu desenvolvemento social e económico.
Xunto co compromiso, as chaves que marcan a nosa liña de traballo son a Calidade e a Profesionalidade ó que unimos a Creatividade. A nosa experiencia en educación ambiental, desenvolvemento rural, patrimonio natural, dinamización, docencia, consultoría técnica ou voluntariado facilitamos unha visión global do Desenvolvemento Sustentable.
Somos Licenciados en Bioloxía Mariña e Ciencias do Mar e contamos con máis de 12 anos de experiencia como equipo.
As nosas actividades:
- Investigación no sector pesqueiro
- Consultaría e divulgación ambiental
- Rutas guiadas.
- Formación de voluntariado ambiental e docencia non formal.
- Divulgación científica e ambiental.
- Xestión, desenvolvemento e coordinación de programas de educación e voluntariado ambiental.
- Deseño, actualización e dixitalización de rutas de sendeirismo. Un dos últimos traballos
- Creación de contidos, folletos, guías turísticas,etc.