Ventos Estudos Ambientais

Ventos Estudos Ambientais é unha empresa que dende 1999 traballa en:

  • Educación Ambiental.
  • Interpretación do Patrimonio.
  • Educación para o Consumo.
  • Educación para a Saúde.

Ventos está formada por titulados en bioloxía e educación, con anos de experiencia en actividades divulgativas.

O obxectivo en Educación Ambiental é a reflexión arredor de actitudes e aptitudes, mellorando o balanzo ambiental dos mesmos e a nosa relación cos demáis.

A metodoloxía empregada combina varios recursos (charlas-coloquio, xogos, obradoiros, visionado e comentario de audiovisuais). O obxectivo desta mestura de recursos é, ademáis de adaptarse ás preferencias do receitor, combinar aspectos lúdicos e formativos, alén de fomentar o debate.